Toché: ''Confío cento por cento neste equipo e neste persoal''
Toché compareció en rolda de prensa en Abegondo, nada más finalizar o adestramento do primeiro equipo. Asegura que a todos os equipos que pelexan por evitar o descenso "nos está custando gañar moito. A salvación vai estar en menos puntos. Ojalá sexamos capaces de encadear un par de vitorias para saír desa zona na que ningún quere estar".
canaldeportivo, A Coruña14/04/2015 23:43
Subliña o autor do gol que supuxo o empate definitivo en Anoeta que "o Deportivo se vai a salvar. Eu confío cento por cento neste equipo e neste persoal".
Respecto á substitución no banco, Toché opina que "o equipo está nunha dinámica moi negativa e como non nos poden botar aos 25, pois sae o míster, e se logran ese cambio pois mellor. O míster non é o culpable de todo. Nós os xogadores temos moitísima culpa desta dinámica. Esperemos que o Club acertase. Nós imos seguir dándoo todo e oxalá que esta semana teñamos unha alegría".
O dianteiro deportivista Toché, un dos xogadores más queridos polos afeccionados branquiazuis, apadrinó hoxe o meuércoles no campo das Eiroas a segunda edición do Dépor Campus Carballo, cuxa celebración está prevista para mediados do próximo mes de xullo.