RCD / NOVAS

Todos os futbolistas do Club reúnense mañá xoves no tradicional petisco do Nadal

03/01/2018 21:26

Os futbolistas do RC Deportivo, do Fabril, do Deportivo ABANCA e de #ANOSACANTEIRA reuniranse mañá xoves a partir das 13:00 horas na Cidade Deportiva de Abegondo no tradicional petisco do Nadal.

Ao acto, ao que asistirá o Consello de Administración en pleno, está citado tamén todo o persoal auxiliar: adestradores, preparadores físicos, médicos, fisioterapeutas, delegados, utileros...

Antes, a partir das 10:30 horas, todos os futbolistas do Club adestraranse nos oito campos da Cidade Deportiva, ademais de noutros dous de fútbol sete.