RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Toma de contacto do Dépor co céspede artificial, esta mañá en San Tirso

O Deportivo adestrouse esta mañá no campo do Monte (San Tirso) de herba sintética co obxecto de adaptarse ás condicións do Estadio Reina Sofía, escenario do choque do próximo domingo 1 de novembro (16:00 horas, Footters) ante Unionistas de Salamanca CF, tamén de céspede artificial.

A boa noticia do día protagonizouna Héctor Hernández, que se incorporou ás tarefas co grupo. Eneko Bóveda, Salva Ruiz e Nacho González, este cunhas molestias nos aductores pendentes de evolución, exercitáronse á marxe na Cidade Deportiva.

Os fabrilistas Adri Castro, Juan Rodríguez, Pablo Brea e Rayco estiveron hoxe co primeiro equipo.

Após un quecemento con rondos, Fernando Vázquez dispuxo como tarefa principal un partido táctico a todo o campo 11 contra 11 no que impartiu continuas instrucións aos seus futbolistas.

Mañá xoves, o adestramento está previsto de novo no Monte a partir das 10:30 horas.