RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Traballo de ximnasio na única sesión de hoxe do Deportivo

O primeiro equipo non pisou o céspede de Abegondo esta mañá, na única sesión de traballo prevista para hoxe martes.

Tan só adestráronse no campo os gardametas Koke, Boian e o xuvenil Alberto, baixo a supervisión do preparador de porteiros Yván Castillo; ademais de Luis Ruiz, que segue co seu proceso de recuperación e Somma, con traballo físico extra.

Os demais futbolistas adestráronse no ximnasio situado no campo 7 para realizar un circuíto físico dirixido polo preparador físico Marcos Marcén.

Mañá mércores, o cadro está citado de novo ás 11:00 horas en Abegondo.