RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Traballo físico e táctico nunha esixente mañá para o Dépor

Día de traballo duro para o Deportivo en Abegondo. José Luis Martí combinou esta mañá traballo físico, táctico, e de alta intensidade en, quizais, a sesión máis dura de toda a semana de preparación do choque deste luns 27 de maio en ABANCA-RIAZOR ante o Real Mallorca (21:00 horas, Gol e LaLiga 1|2|3 TV).

Após un breve paso pola sala de vídeo, os futbolistas saltaron ao céspede para un quecemento. A continuación, un exercicio táctico, un circuíto de forza e partidos en espazo reducido, de alta intensidade, completaron o traballo sobre o céspede.

Só Krohn-Dehli atópase á marxe do grupo, co seu plan específico de readaptación. Os fabrilistas Yago Gandoy e Víctor, e os porteiros xuvenís Alberto e Brea traballaron hoxe co primeiro equipo.

Mañá venres, o cadro regresa aos adestramentos, ás 11:00 horas en Abegondo.