RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Traballo táctico nunha sesión de menor intensidade física

O Deportivo realizou esta mañá unha sesión fundamentalmente táctica en Abegondo. Así pois, como é habitual dous días antes de cada partido, o corpo técnico rebaixou a intensidade do traballo.

Esta mañá, cos fabrilistas Óscar, Nacho Monsalve e o meta xuvenil Francis, o primeiro equipo realizou un exercicio de movementos defensivos e ofensivos; e ensaio de accións a balón parado.

Mañá xoves ás 11:00 en Abegondo haberá un novo adestramento, o último antes do encontro ante o Betis deste venres 3 de febreiro en Riazor (20:45, Gol).