RCD / NOVAS

Tres futbolistas do equipo Feminino pechan o seu compromiso co Dépor

  Noe, Ari e Faragulla, tres das xogadoras que o martes comezaron os seus adestramentos co equipo feminino, pasáronse previamente pola sede do Real Club Deportivo para selar o seu compromiso con este proxecto ilusionante do Dépor.

21/07/2016 09:52

 
Noelia López Pires (23/12/1988) dianteira procedente da SD Antas e futbolista profesional en Italia.
 
 
Ariane Martínez Domínguez (10/04/1998), mediocentro procedente do Atlético Arousá e internacional española en categorías inferiores.
 
 
María Sánchez Migallón Menéndez (21/03/1995), lateral dereito procedente do Orzán e xogadora das seleccións asturianas de base.