RCD / NOVAS

Tristán e Capdevila, na lista de Sáez

Os deportivistas Diego Tristán e Joan Capdevila están na lista de convocados que o seleccionador nacional, Iñaki Sáez, deu a coñecer para os próximos partidos ante Irlanda do Norte e Paraguai. Joan Capdevila mostrouse moi contento "aínda que o realmente importante é o traballo día a día co Club". O xogador manifestou "si parece que Sáez fai unha apueta polos mozos e espero non defraudar" .

03/10/2002 12:44

A lista complétana:
Atlético de Madrid: García Calvo.
FC Barcelona: Puyol, Mendieta, Xavi.
Málaga: Contreras.
Real Madrid: Casillas, Míchel Salgado, Raúl Bravo, Guti, Helguera, Raúl e Morientes.
Real Betis: Joaquín, Capi.
Valencia: Marchena, Baralla, Vicente e Albelda.
Espanyol: Tamudo.

O primeiro partido, ante Irlanda, será o día 12 en Albacete e é un encontro correspondente á fase de clasificación para a Eurocopa de 2004. O segundo, un amigable ante Paraguai, será o día 16 en Logroño.

Máis novas de: CAPDEVILA

RCD / Noticias Relacionadas

08/06/2007 14:11 |

Aouate e Capdevila incorporáronse aos adestramentos

Os internacionais Aouate e Joan Capdevila foron os últimos internacionais en incorporarse aos adestramentos do Deportivo. Falta unicamente De Guzman, concentrado con Canadá na Golden Cup que se disputa en Miami, e na que sobresaíu como goleador, ao anotar dúas dianas fronte a unha selección mundialista como o foi Costa Rica.

25/05/2007 20:00 |

Capdevila entra na lista de Aragonés

Joan Capdevila converteuse nun dos homes fixos para Luís Aragonés. O lateral deportivista entrou na convocatoria para os partidos clasificatorios para a Eurocopa 2008 ante Letonia (sábado 2 de xuño) e ante Liechtenstein (mércores 6 de xuño). Curiosamente, Lopo, cuxa solicitude de internacionalidad reclama cada vez máis xente, é o único integrante da parte defensiva do equipo máis utilizada ao longo da tempada por Caparrós que non está citado para a súa Selección. Si o está a meta Aouate (Israel), e os defensas Coloccini (Arxentina), Andrade (Portugal) e Capdevila (España). A maiores, para este mes de xuño recibiron convocatorias internacionais Estoyanoff (Uruguai), De Guzman (Canadá), Adrián (Selección Española Sub-19) e Bodipo (Guinea Ecuatorial). Pola súa banda, Barragán e Fabricio están na preconvocatoria para disputar o Campionato do Mundo Sub-20.