RCD / NOVAS

Últimas horas para inscribirse na semana final dos DéporCampus Cabreiroá de Abegondo e Zas

23/07/2019 16:19

A última semana dos DéporCampus Cabreiroá do verán de 2019 pechará a súa inscrición o vindeiro xoves 25 de xullo ás 12:00.

A postremeira das seis quendas dos DéporCampus Cabreiroá de Abegondo e o DéporCampus Cabreiroá de Zas comezarán o vindeiro luns 29 e prolongaranse até o venres 2.

Nesta ligazón podes consultar os prezos e nestoutros podes cubrir os formularios de inscrición de Abegondo, e Zas.

Para ser validadas, todas as inscricións realizadas nas próximas horas tamén deberán ser abonadas antes da hora límite, as 12:00 horas do xoves 25 de xullo.

Os DéporCampus Cabreiroá 2019 contan cun total de 13 sedes: 10 en Galicia, 1 en Cantabria e 2 fóra de España e a participación de máis de 1.500 futbolistas.