RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Un Alevín moi ofensivo gana á SD Residencia no Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11

Un Alevín ofensivo impúxose (9-0) en Abegondo ao SD Residencia, en partido correspondente á 7ª xornada no subgrupo norte do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11.

Iago Lameiro -3-, Pablo Somoza -2-, Martín Forján, Raúl, Guille e Pablo Vara foron os goleadores nun partido de clara cor branquiazul.

Con este resultado, o Alevín lidera o subgrupo con 19 puntos, 1 punto por riba do ED Luis Calvo Sanz, segundo con 18 puntos.

Alevín: Martín Fernández, Javi Seoane, Hugo González, Nico, Guille, José Quiroga, Iago Varela, Martín Forján, Raúl, Gabri e Antón. Tamén xogaron: Lucas López, Pablo Somoza, Iago Lameiro, Pablo Vara e Lucas Vázquez.

A próxima semana non hai competición neste torneo; e en 15 días, o Alevín visita ao Galicia Caranza.

Os resultados do Alevín son os seguintes:

Alevín 9 (Raúl -3-, José Quiroga, Nico, Iago Varela, Guille, Pablo Vara e Antón) - Atlético Coruña Montañeros CF 1
CD Lugo 2 - Alevín 2 (Martín Forján e Iago Varela)
Alevín 2 (Antón e Martín Forján) - CD Calasanz 1
Racing de Ferrol 1 - Alevín 8 (Gabri -2-, Pablo Vara, Antón, Martín Forján, Iago Lameiro, Álvaro e Raúl)
Alevín 7 (Raúl -3-, Pablo Somoza -2-, Gabri e Iago Lameiro) - San Tirso SD 1
Victoria CF 1 - Alevín 6 (Antón -2-, Guille -2-, Raúl e Martín Forján)
Alevín 9 (Iago Lameiro -3-, Pablo Somoza -2-, Martín Forján, Raúl, Guille e Pablo Vara) - SD Residencia 0