RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Un efectivo Infantil A non pasa apuros ante o Sálvora CF

Un eficaz Infantil A non pasou apenas apuros para superar ao Sálvora CF (0-8), en partido correspondente á 10ª xornada no grupo norte da Liga Galega.

Óscar -3-, Úbeda -2-, Juan Barros -2- e Lucas foron os goleadores branquiazuis.

Con este resultado, o Infantil A lidera o solitario o grupo con 30 puntos sumados de 30 posibles; e con 3 puntos de vantaxe sobre o seu inmediato perseguidor, o Bertamiráns FC, segundo con 27 puntos.

Infantil A: Mateo, Jorge, Úbeda, Guerrero, Samuel, Hugo Torres, Juan Barros, Óscar, Oreiro, Noé e Diego Miranda. Tamén xogaron: Memet, Román, Lucas, Dani Estévez y Ayana.

A próxima fin de semana, o Infantil A recibe en Abegondo ao ED Xuventude de Oroso.

Os resultados do Infantil A até a data son os seguintes:

Bergantiños CF 0 - Infantil A 7 (Jorge García -2-, Oreiro, Zoe, Héctor -2- e Pablo)
Infantil A 3 (Lucas e Jorge -2-) - CD Lugo 0
Victoria CF 2 - Infantil A 5 (Oreiro, Beade, Jorge García -2- e Dani Estévez)
Infantil A 11 (Zoe, Guerrero -2-, Óscar -2-, Jorge García -3-, Héctor Beade, Lucas e Memet) - EF Lalín 1
Infantil A 11 (Jorge García -6-, Samuel -2-, Carballo, Zoe e Javi Pita) - Galicia Caranza 0
San Tirso SD 0 - Infantil A 9 (Jorge García -3-, Guerrero -3-, Oreiro, Úbeda e Pablo Parada)
Infantil A 6 (Jorge García -3-, Lucas, Diego Miranda e Javi Pita) - Racing de Ferrol 0
Ural CF 0 - Infantil A 5 (Jorge García -3-, Pablo Parada e Noé)
Infantil A 2 (Jorge García -2-) - Bertamiráns FC 0
Sálvora CF 0 - Infantil A 8 (Óscar -3-, Úbeda -2-, Juan Barros -2- e Lucas)