RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Un Fabril con boas sensacións vence en Arteixo nun novo exame estival

Xa na recta final da pretemporada, o Fabril continúa coas boas sensacións e impúxose en Ponte dos Brozos (0-3) ao Atlético Arteixo, equipo punteiro de Preferente Autonómica, con motivo do XVI Memorial Lisardo Campos.

Óscar Gilsanz repartiu minutos a todos os convocados, incluídos Juan Rodríguez, Brais Val e Davo, citados por Borja Jiménez para o amigable do primeiro equipo de onte sábado en Ordes. Con Trilli recuperándose dunhas molestias nos isquiotibiais, Iván Guerrero, titular onte co Dépor ante o Pontevedra CF, tamén quedou fóra; do mesmo xeito que Noel e Yeremay, que xogaron o venres co primeiro equipo no Carballiño fronte ao CD Arenteiro.

Davo, Víctor e Juan Cambón foron os autores dos goles fabrilistas esta mañá.

Fabril: Alberto, Quique Teijo, Martín, David Suárez, Dani Barcia, Fabio, Víctor, Barba, Davo, Javi Sanmartín e Nájera. Tamén xogaron: Juan Rodríguez, Seydiba, Brais Val, Urdiales, Padín, Juan Cambón e Nacho.

A próxima cita para o Fabril está prevista para o mércores 25 de agosto en Abegondo ante a SD Compostela, equipo de 2ª RFEF, en encontro que comezará ás 19:00 horas.

O calendario de pretemporada do Fabril é o seguinte:

Fabril 4 (Nájera -2-, Padín e Quique) - SD Sofán 1
Fabril 2 (Nacho e Mario) - Silva SD 0
Fabril 1 (Davo) - Racing Villalbés 0
Fabril 1 (David Suárez) - Bergantiños CF 3
Fabril 1 (Davo) - CD Arenteiro 1
Ourense CF 2 - Fabril 1 (Mario)
Atlético Arteixo 0 - Fabril 3 (Davo, Víctor e Juan Cambón)
Fabril - SD Compostela, mércores 25 de agosto, 19:00 h., Abegondo