RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Un 'hat-trick' de Jorge García en 33 minutos encarrila o partido do Infantil A ante o Racing de Ferrol

Un 'hat-trick' de Jorge García na primeira media hora de xogo encarrilou o partido do Infantil A ante o Racing de Ferrol (6-0), correspondente á 7ª xornada no grupo norte da Liga Galega.

Lucas, Diego Miranda e Javi Pita completaron o marcador para o conxunto deportivista, líder do grupo con 21 puntos, os mesmos que o Bertamiráns FC.

Infantil A: Román, Lucas, Úbeda, Guerrero, Dani Estévez, Samuel, Ayana, Óscar, Oreiro, Jorge García e Diego Miranda. Tamén xogaron: Mateo, Carballo, Javi Pita, Adrián e Hugo Torres.

A próxima fin de semana, o Infantil A visita na Coruña ao Ural CF.

Os resultados do Infantil A até a data son os seguintes:

Bergantiños CF 0 - Infantil A 7 (Jorge García -2-, Oreiro, Zoe, Héctor -2- e Pablo)
Infantil A 3 (Lucas e Jorge -2-) - CD Lugo 0
Victoria CF 2 - Infantil A 5 (Oreiro, Beade, Jorge García -2- e Dani Estévez)
Infantil A 11 (Zoe, Guerrero -2-, Óscar -2-, Jorge García -3-, Héctor Beade, Lucas e Memet) - EF Lalín 1
Infantil A 11 (Jorge García -6-, Samuel -2-, Carballo, Zoe e Javi Pita) - Galicia Caranza 0
San Tirso SD 0 - Infantil A 9 (Jorge García -3-, Guerrero -3-, Oreiro, Úbeda e Pablo Parada)
Infantil A 6 (Jorge García -3-, Lucas, Diego Miranda e Javi Pita) - Racing de Ferrol 0