RCD / NOVAS

Un partido 11 contra 11, tarefa principal do Dépor esta mañá

07/11/2019 13:12

Luis César dispuxo esta chuviosa e fría mañá un partido 11 contra 11 no campo 2 da Cidade Deportiva.

O técnico deportivista, como é habitual, parou constantemente o xogo e impartiu instrucións aos seus futbolistas, de cara ao encontro deste domingo 10 de novembro en ABANCA-RIAZOR ante o Elche CF (12:00 horas, Movistar LaLiga), en partido correspondente á 15ª xornada en LaLiga SmartBank.

A mañá arrancou na sala de vídeo e continuou no campo 3 cun quecemento, paso previo ao exercicio principal do día, que se desenvolveu baixo unha intensa tromba de auga.

Con David Simón e Luis Ruiz á marxe, adestráronse hoxe co primeiro equipo os fabrilistas Álex Cobo, Valín e Mujaid.

Mañá venres haberá un novo adestramento do primeiro equipo, a partir das 11:00 horas en Abegondo.

RCD / AXENDA

21 NOV

Xoves 11:00 Abegondo

Adestramento

Campos 2-3

22 NOV

Venres 11:00 Abegondo

Adestramento

Campos 2-3

23 NOV

Sábado 18:00 Estadio ABANCA-RIAZOR

Partido

Xornada17 RC Deportivo - AD Alcorcón

01 DEC

Domingo 18:00 Estadio Ángel Carro

Partido

Xornada18 CD Lugo - RC Deportivo

08 DEC

Domingo 16:00 Estadio ABANCA-RIAZOR

Partido

Xornada19 RC Deportivo - R. Zaragoza