RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Unanimidade en zona mixta sobre a pena máxima non sinalada ao Dépor

Os futbolistas branquiazuis que atenderon aos medios de comunicación na zona mixta do estadio do Eibar coincidiron en cualificar como clarísimo o penalti non sinalado polo colexiado valenciano Martínez Munuera sobre Çolak.

Así, o propio futbolista turco, ao ser preguntado, atreveuse a contestar: "Foi penalti. Clarísimo".

Pola súa banda, o defensa Alejandro Arribas comenta que o partido tivo "unha parte para cada equipo. Na primeira eles estiveron mellor pero na segunda fomos infinitamente superiores".

Explica que na segunda parte "estivemos moi ben. Tivemos ocasións pola esquerda, pola dereita. Un penalti que non nos pitaron. Estivemos fenomenal".

Tamén Florin Andone cualificou de "clarísimo" o penalti que puido cambiar o rumbo do partido, precisamente nos mellores minutos do Deportivo".

Apunta que "desde o minuto 25 ou 30 ata o final demos a cara. Tentámolo de todas as maneiras. Vou cun sabor agridoce. Perdemos pero estou moi satisfeito coa actitude dos meus compañeiros, porque nunca baixamos os brazos e tentámolo ata o final".