RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Valerón deixa o RC Deportivo por motivos persoais

O adestrador do Fabril e lenda do RC Deportivo, Juan Carlos Valerón Santana, solicitou ao Club a rescisión anticipada do seu contrato por motivos persoais. O Club, en atención ao carácter da petición e vindo dunha persoa e profesional exemplar como o caso de Juan Carlos, accedeu á mesma dando todas as facilidades para que se poida resolver o contrato de forma inmediata nos mellores termos para ambos.

O Real Club Deportivo quere agradecer a Juan Carlos Valerón o seu traballo nesta segunda etapa no Club, neste caso como adestrador dirixindo ao filial, deixándolle as portas sempre abertas da que é, por méritos propios, a súa casa e desexándolle o mellor no seu futuro profesional e, sobre todo, persoal.

Grazas e sorte Fraco!