04/06/2009 00:58 |
Principio de acordo para a renovacion de Sergio
O Real Club Deportivo e Sergio alcanzaron esta noite un principio de acordo verbal para a renovacion do centrocampista catalan polas dúas proximas tempadas.
O persoal deportivista deuse unha malleira física onte. Primeiro, dúas horas traballando sobre o césped do campo número dous do Mundo do Fútbol. Posteriormente, traballo de ximnasio durante media hora más divididos en dous grupos. Así, os xogadores chegaron á Cidade Deportiva sobre as 10.00 horas e comezaron a abandonar o recinto branquiazul pasadas as 13.00 horas. Verdú advirte ao Barcelona: "Con rivais de más entidade xogamos mellor". O catalán foi protagonista esta mañana na sala de prensa do Mundo do Fútbol.
-Quizais non sexa unha boa semana para pensar na remontada.
-O certo é que con rivais de máis entidade xogamos mellor
-¿Será un partido especial o do Camp Nou polo feito do seu pasado barcelonista?
-Desde logo é un campo bo e con sentimentos especiais para min.
-¿Está xa ao cento por cento?
-Si. Superamos a esa gripe. Estou totalmente recuperado.
-¿Débelle algo a alguén no Barça?
-Eu o que lle debo é ao Deportivo, por confiar en min e darme a oportunidade de xogar en Primeira División.
-Actualmente, o Dépor é o terceiro peor equipo da liga.
-Dóenos vernos aí atrás. Nós somos os que temos que sacar ésto adiante.
-O último partido, ante Osasuna, foi máis ben malo.
-Non se que nos puido pasar, pero non nos saíu nada ben. Temos que esquecernos canto antes e corrixir erros.
-Tanto o Presidente como o adestrador déronlle ao persoal esta semana un pequeno tirón de orellas.
-Nós mesmos cando acabou o partido ante o Osasuna démonos conta que xogando desta forma non iremos cara arriba.
-¿Hai ansiedade no vestiario?
-Hai preocupación. A ninguén lle gusta estar abaixo na clasificación.
-A tenor do visto ante Osasuna, algo falla.
-Nós somos os primeiros en recoñecer que non fixemos nada ben. Hai que cambiar moito.
-Seguro que na quiniela desta semana, vostede xógase un un.
-Mentira. Podemos facerlles moito dano, aínda que é moi complicado. Tendo o balón podemos crear ocasións de gol.
-Falla a formulación.
-Nós tratamos de xogar igual en casa que fose. O noso estilo sempre é o mesmo, sempre co balón.
-Un dos futbolistas máis discutidos no Barça é Ronaldinho.
-Non son quen para opinar, posto que hai ano e medio que xa non estou alí. Pero desde logo Ronaldinho sacou ao Barcelona adiante e desde que chegou el, o equipo sempre foi cara arriba.