RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Víctor asegura que a situación é ''de máxima tranquilidade. Para nada ningunha preocupación''

  Víctor Sánchez do Amo recalcó en rolda de prensa esta mañana en Abegondo que a situación actual do Deportivo é "de máxima tranquilidade. Para nada ningunha preocupación. Cada un pode ter o

Razoa o técnico deportivista que esta situación "nos está permitindo ter unha boa posición na clasificación, estar a cumprir os obxectivos que nos imos marcando semana tras semana, e afrontar con ilusión sobre todo desde as sensacións, non só desde os resultados".

A xuízo de Víctor, os triunfos "obedecen a unha fórmula que xa a comentei aquí moitas veces, e é clarísima: goles a favor, goles en contra. E sobre esa fórmula hai que traballar. Traballamos sobre toda a fórmula, non sobre a parte".
 
Nesta liña, argumenta que o Deportivo é un equipo equilibrado: "Somos o oitavo equipo en número de goles a favor na liga, e tamén o oitavo equipo en menor número de goles en contra. Sae cravado. E estamos novenos na clasificación. Nós buscamos as vitorias desde o equilibrio e ímolo a seguir facendo".
 
Do Betis, rival mañá sábado en Riazor (22.05, TVE), di Víctor que nada ten que ver co da primeira volta: "cambio de adestrador, ademais é un equipo que vén nunha tendencia positiva en canto ás sensacións que está a dar. É un equipo que é agora mesmo máis sólido, máis compacto, aguerrido".
 
 
Pola súa banda, Poroto Lux, tamén na sala de prensa da cidade deportiva, confesou "estar con ganas de volver competir e de facer un bo traballo para sumar o tres puntos".
 
O gardameta deportivista ve ao Betis "bastante ordenado ultimamente. Incorporou varios xogadores, boas fichaxes á miña entender".
 
Cualifica ao dianteiro bético Rubén Castro como un futbolista que "ten moito talento. Ten moitísimo gol. Pero a verdade é que traballamos e enfocamos no equipo".