RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Víctor Fernández cualifica o partido de ''moi nervioso, tolo, con moitas idas e voltas''

Víctor Fernández calificó en sala de prensa o partido como "moi nervioso, moi tolo, con moitas idas e voltas, con moitas oportunidades de gol por parte de ambos os equipos, con moitos problemas defensivos ambos os equipos".

Cre o técnico deportivista que "nós chegamos con claridade e será por algo.E se eles chegaron con claridade será por algo. Os dous demos moitas facilidades defensivas". 
 
A xuízo de Víctor Fernández, a clave foi chegar ao descanso con 1-1 no marcador, despois dun primeiro tempo no que "xogamos moitísimo mellor que eles. O segundo foi un carrusel de partido moi aberto. Nós non fixemos nada ben os repregamentos defensivos, non nos pechamos ben. Ao final nese nerviosismo, nese ida e volta, saímos perdendo nós".


 
Pola súa banda, Unai Emery, adestrador do Sevilla, cualificou o partido como "moi bonito para o espectador, de moitas emocións, pero que ninguén as quere cando son contrarias. Estamos contentos pero con contención, porque sabemos que temos que mellorar aspectos".