RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Víctor Fernández desvela que Manuel Pablo será titular ante o Real Madrid

Víctor Fernández desveló esta mañana na sala de prensa de Abegondo que o capitán do Deportivo, Manuel Pablo, será titular no estadio Santiago Bernabéou ante o Real Madrid (mañana sábado, 18.00

O técnico deportivista subliña que o lateral deportivista "contribuíu activa e decisivamente no que é o ascenso do equipo a tempada pasada. Foi un dos elementos que tamén vai contribuír, activa e decisivamente en conseguir a permanencia este ano. E pódese axudar de moitas maneiras. Manuel axudounos desde o banco, nos adestramentos, nos propios partidos, aínda que só xogase na Copa, e por éso como o vexo capaz... Non son un adestrador que lle guste facer algún tipo de agasallos nin nada deste tipo".

Sobre o rival, Víctor opina que "fronte ao Real Madrid se non compites ben, non tes ningunha opción. E aínda competindo moi ben, pois tampouco existen porcentaxes de posibilidades de gañar. Todo pasa por competir, por competir moi ben, por competir dunha forma colectiva, que todo o mundo roce ou alcance o seu máximo nivel. E coa idea moi clara que individualmente nunca poderás superar ao Real Madrid, porque ten as mellores invidividualidades do mundo. E se hai unha vía de lograr ese obxectivo é a través do fútbol colectivo, das axudas, da solidariedade, do compañeirismo, de correr máis que o contrario; e que o rival non teña o seu mellor tarde".

Pola súa banda, Luisinho asegura que o resultado da primeira volta en Riazor "seguro que non se vai a repetir. Sabemos que é un partido difícil. Agora, non imos saír con medo".

O lateral portugués subliña que non asinaría o empate e está convencido de que "o equipo vai dar unha boa resposta mañá".