RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Víctor: Imos preparados pensando en que nos imos a atopar a un Espanyol de moito nivel

Víctor Sánchez do Amo manifestó esta mañana en rolda de prensa que "con todo o que queda por diante, igualar a puntuación da tempada pasada, é bo síntoma. Pero hai que gañar (mañana sábado 20 de

Sobre a ausencia de Lucas, que non se recuperou dunhas molestias nun sóleo, subliña o técnico deportivista que "temos alternativas perfectas para seguir sendo competitivos".

Do Espanyol, opina Víctor que "está agora mesmo nunha situación convulsa, pero é un equipo que ten moi bos xogadores, teñen xente de moitísima calidade, sobre todo do centro do campo cara arriba, xente desequilibrante, xente con gol. É un equipo que ten capacidade para xogar ben ao fútbol, fíxoo en numerosos partidos".

Nesta liña, admite "imos preparados pensando en que nos imos a atopar a un Espanyol de moito nivel pola necesidade e a calidade que teñen".

Pola súa banda, Sidnei, ex futbolista do Espanyol, ten claro que os empates "forman parte do fútbol. Nós estamos a facer un bo traballo, bos partidos. Non están a chegar os triunfos, pero temos que seguir nesa liña".

Titular indiscutible no Dépor, non quere pensar no seu futuro máis aló do partido de mañá sábado en Barcelona: "O meu pensamento é facer un bo traballo mañá e axudar ao Deportivo a conseguir a vitoria. Non penso no meu futuro porque dependo de cada día, de adestrar mellor para que no futuro veñan cousas boas".