RCD / NOVAS

Víctor Mollejo, citado para un amigable coa selección española sub-19 ante Italia

08/01/2020 13:30

O deportivista Víctor Mollejo foi convocado pola selección española sub-19 para xogar un amigable ante Italia o mércores 15 de xaneiro na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid).

Esta convocatoria non afecta os plans de Fernando Vázquez, posto que o atacante branquiazul está sancionado en liga por acumulación de amoestacións, ao recibir o quinto cartón amarelo en Soria o pasado domingo, e non poderá xogar fronte ao Real Racing Club en ABANCA-RIAZOR o xoves 16 de xaneiro (19:00 horas, Movistar LaLiga) na seguinte cita en LaLiga SmartBank.

Máis novas de: MOLLEJO