RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Víctor Mollejo: "O equipo está ben, mentalizado de que estamos nun bo momento"

Víctor Mollejo atendeu aos medios de comunicación esta mañá na sala de prensa de Abegondo.

O atacante deportivista confesa que o vestiario branquiazul está "con ganas de que chegue o partido (ante o CD Lugo este domingo 1 de marzo en ABANCA-RIAZOR, 16:00 horas, #Vamos). Desde que acabou o de Zaragoza o equipo está ben, mentalizado de que estamos nun bo momento e de volver gañar. Iso é o que tentaremos o domingo".

Subliña que "sempre hai ganas de xogar en ABANCA-RIAZOR e máis co ambiente destes últimos partidos. Seguro que a afección nos axudará a lograr o triunfo".

Tralo seu paso pola selección española sub-19, viu "ben" os ánimos do grupo: "Nada máis acabar o partido a xente estaba amolada porque perderamos pero non estaba preocupado por como estaban. Eran conscientes de que era un partido difícil. Ao chegar aquí hei visto que o equipo está como en semanas anteriores e con ganas de que chegue o partido".

A nivel persoal, comenta que "me amola unha chea" saír a cartón amarelo por partido: "Estou a tentalo solucionar. Estívenas revisando en casa. Gran parte delas son culpa miña pero tamén penso que son rigorosas. Vin que fixen 6 faltas e levo 4 amarelas. Ao final estíveno revisando, tento mellorar iso que creo que é o que máis teño que mellorar agora mesmo".

Subliña que tenta sentirse cómodo na posición de carrilero, misión encomendada polo técnico branquiazul nos últimos partidos: "É unha posición nova para min. Se o míster ponme aí é por algo. Tento aprender dos meus compañeiros desa posición, de Salva, de Luis Ruiz, que me axudan moito sobre todo en tarefas defensivas. Cada partido que pasa vaste sentindo máis cómodo, tes máis conceptos e en defensa sofres menos. Tento aprender e co paso dos partidos, se o míster ségueme poñendo aí, seguir mellorando".

Despois de xogar no Dépor como dianteiro, atacante esquerdo e dereito e agora carrileiro, está "encantado de ser un rapaz para todo. Cantas máis posicións dentro do campo domines máis posibilidades tes de xogar. Un rapaz como eu o que máis quere é xogar, sumar minutos. Nunca imaxinei que puidese xogar na posición que estou a xogar agora. Contento por como se está dando, porque o xogo do equipo en ataque favoréceme moito. Estou cómodo chegando a rematar e recibindo con vantaxe. Os compañeiros danme esa confianza. Conforme pasan os partidos vexo que máis balóns chegan á miña banda. Contento de xogar de carrileiro, de extremo esquerdo, extremo dereito, dianteiro... O que sexa".

Valora que o Dépor é outro porque "antes se perdía e ao equipo faltáballe alma, unha identidade clara. O outro día perdemos pero creo que facemos un bo partido con balón. É o que nos estaba faltando até nas vitorias. Vese outra cara ao equipo. La Romareda é un campo difícil, podíase perder pero somos valentes, expomos o que nos pide o míster con valentía. Por circunstancias, por erros puntuais non te podes levar a vitoria, pero o importante é que o equipo o tentou até o final".

Ante o CD Lugo, Mollejo vaticina un partido "difícil. Eles veñen cunha boa dinámica, marcando goles. É un equipo forte, demostrárono na ida. Pero na ida non viñamos nun bo momento e demostramos que podiamos facerlle dano. Traballando como un partido máis, con moita ilusión. Sabemos que o ambiente vai ser especial".