RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Víctor Mollejo, xogador Estrella Galicia de agosto-setembro no Deportivo

O centrocampista alcazareño do Real Club Deportivo, Víctor Mollejo, foi elixido os afeccionados do Dépor como o Xogador Estrella Galicia no arranque da temporada, concretamente no cómputo dos partidos disputados no primeiro mes e medio de competición (partidos contra Oviedo, Huesca, Rayo Vallecano, Albacete, Sporting, Numancia, Cádiz e Mirandés).

Na votación que os Deportivistas realizaron en Twitter, unha das máis igualadas historicamente e con gran participación, Mollejo levou o 34% dos 4.355 votos emitidos, case empatado con Álex Bergantiños (33%) e Ager Aketxe (33%), terna de finalistas determinada polos xornalistas que cobren a diario a información e os partidos do equipo.

Víctor Mollejo, titular desde a súa chegada ao equipo, recolleu na Cidade Deportivo de Abegondo, o premio de mans do responsable de patrocinios deportivos de Estrella Galicia, José Villanueva.

Víctor agradeceu este premio a Estrella Galicia, aos medios que o incluíron entre os finalistas e á afección polos seus votos.