RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Víctor: ''temos agora un bloque de partidos da nosa liga nos que hai que apertar ben''

  Víctor Sánchez do Amo subrayó esta mañana na sala de prensa de Abegondo que o Deportivo mañana en Anoeta (22.05, TVE), "inicia a segunda volta nunha posición moi boa. Evidentemente no inicio todo

Asegura que o equipo está "preparado para afrontar un partido da nosa liga, contra un rival (a Real Sociedade) que mellorou co cambio de adestrador". Ve ao conxunto donostiarra con potencial. "Queda unha segunda volta por diante e con ese potencial de persoal que ten é un equipo que ten capacidade para acumular moitos puntos e meterse máis arriba".

Advirte Víctor que "non nos conformamos con igualar os datos da primeira volta. Imos tentar melloralos pero sabendo que é complicado porque a primeira volta foi moi boa. O obxectivo é, partido a partido, tratar de mellorar o resultado da primeira volta. Se somos capaces de cumprir ese obxectivo, mellorariámola. Igualala non estaría mal en absoluto".
 
Insiste o adestrador deportivista en que "o obxectivo claro é a permanencia, e canto antes mellor. Temos agora un bloque de partidos da nosa liga nos que temos que apertar ben para sumar o maior número de puntos posibles".
 
 
Pola súa banda, Sidnei, tamén na sala de prensa de Abegondo, cre que a de mañá en Anoeta "é unha nova oportunidade de conseguir unha vitoria. É un partido moi importante ante un gran equipo. Imos a por o noso obxectivo".
 
Da Real Sociedade, o central brasileiro di que é "un equipo de moita calidade, con grandes xogadores. Temos que estar nun nivel alto para poder conseguir un bo resultado".
 
Sobre Jonathas, dianteiro realista, Sidnei opina que é un futbolista "de moita calidade. Todos temos que estar moi atentos para parar o seu xogo".