RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Victoria de calidade do Alevín B sobre o Ural A

O Alevín B impúxose (3-0) con brillantez ao Ural CF A en partido correspondente á 2ª xornada do grupo B do Torneo A Coruña - As Mariñas.

Gael (2) e Ioan foron os goleadores branquiazuis.

Con este marcador, o Alevín A encabeza o seu grupo con 6 puntos de 6 posibles.

Alevín B: Gabriel, Yago Trigo, Iago Vázquez, Joaquín, Mauro, Sergio, Ioan e Alberto. Tamén xogaron: Uxío, Paulo, Gael, Nico, Xoel e Diego.

A competición detense até o 3 de novembro, cando o Alevín B enfrontarase ao Colexio Calvo Sotelo B.

Os resultados do Alevín B no grupo B do Torneo A Coruña - As Mariñas son os seguintes:

Oza Juvenil SD C 1 - Alevín B 10 (Trigo -3-, Uxío -2-, Ioan -2-, Íker, Paulo e Gael)
Alevín B 3 (Gael -2- e Ioan) - Ural CF A 0