RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Viveiro, seguinte parada da Dépor Xira 2021

Finalizado o encontro no campo da Magdalena de Vilalba, o Dépor adéstrase de novo mañá xoves ás 10:30 en Abegondo.

Viveiro será a seguinte parada da Dépor Xira 2021. O choque será o sábado 31 de xullo ás 19:00 horas en Cantarrana.

Grazas á colaboración da firma coruñesa integralmotion.es o encontro poderase seguir a través da canle de Youtube do Club.

Ademais, o patrocinador da Dépor Xira 2021 realiza unha oferta especial para todas as persoas asociadas ao RC Deportivo. Integralmotion.es, con máis de 600 vehículos Seminovos e Km.0, desconta 500 euros de maneira directa a todos os Deportivistas que presenten o seu carné de socio desta temporada ao comprar un coche durante o mes de agosto.

A de Viveiro é a segunda das citas dun calendario de pretemporada que se irá confirmando nos próximos días e que de momento está así:

Racing Villalbés 1 - RC Deportivo 2 (Rafa de Vicente e Miku)
Viveiro CF - RC Deportivo, sábado 31 de xullo, 19:00 h. Cantarrana
Bergantiños FC - RC Deportivo, mércores 4 de agosto, 19:00 h. As Eiroas