RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

William: "Veunos ben (o partido de onte) para dar un golpe na mesa e dicir que estamos listos por se nos toca a oportunidade"

William de Camargo, autor do primeiro gol onte en La Condomina, indicou que a pesar da prórroga e a longa viaxe de regreso, "as sensacións son moi boas. A maioría de xogadores non viña xogando moito e nótase o nivel do cadro".

A nivel persoal, o atacante brasileiro asegura que sentiuse "ben, tentando facer cousas que me caracterizan. Xunto co equipo sentín moi ben".

De regreso á liga o sábado 4 de decembro na Malata ante o Racing de Ferrol (19:00 horas, Footters), espera "bastante afección apertando tanto do noso lado como deles. Será un partido moi difícil como son todos os partidos fóra de ABANCA-RIAZOR. Vai ser un partido bonito".

Recalca non obstante que "nós, os xogadores, sempre esperamos a #ANOSAFORZA porque a nosa afección é moi grande, desprázase, está connosco e sempre esperamos a súa presenza".

Con tres partidos de competición oficial en sete días, William opina que "os afrontamos ben, mellor para os que non viñeron tendo moitos minutos. Creo que o cadro é bastante competente para xogar entre semana, porque o que non estaba a xogar está no mesmo nivel que o que está a xogar. E iso notouse onte".

É máis, aínda que lembra que Borja Jiménez é "o que decide quen xoga e quen non xoga, (o partido de onte) veunos ben para dar un golpe na mesa e dicir que estamos listos por se nos toca a oportunidade".

Preguntado por Yeremay, indicou que "sabiamos da calidade que ten. Onte xogou tranquilo, fixo o seu, o que fai cada día. Saíu co MVP onte".

Así mesmo, tamén mostrou confianza noutro canteirán que debutou onte, o gardameta Pablo Brea: "Nós temos toda a confianza en Pablo. Demostra cada día, cada adestramento, que está en condicións e ten moito nivel. Non vai ser ese partido de máis ou menos fortuna o que vaia a cambiar a nosa visión que temos del, a nosa maneira de velo porque é moi bo".