RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Xusto reparto de puntos entre o Orzán SD Xuvenil Feminino e o CD Lugo

Orzán SD Xuvenil Feminino e CD Lugo repartíronse con xustiza os puntos (1-1) na Torre, en partido correspondente á 11ª xornada en Primeira Autonómica.

As lucenses, que foron mellores na primeira parte, fóronse ao descanso con vantaxe no marcador pero na segunda metade as orzanistas foron superiores e lograron rescatar polo menos 1 punto grazas a un gol de Sara Cercido no minuto 87.

Con este marcador, o Orzán SD Xuvenil Feminino é 2º na táboa con 27 puntos, a 1 punto do líder agora, o Sárdoma CF B, que suma 28 puntos. Ambos os equipos veranse as caras a próxima fin de semana no campo vigués das Relfas.

Orzán SD Xuvenil Feminino: Martina Rivas, Emma Gandoy, Daniela Agilda, Uxía López, Antía Brage, Iria Otero, Sara Cercido, Laura Santos, Ivana Fernández, Noe Gómez e Ana Capelo. Tamén xogaron: Noelia Furelos, Macarena González, Paula Sánchez e Daniela Basalo.

Os resultados até a data do Orzán SD Xuvenil Feminino son os seguintes:

Victoria FC B 1 - Orzán SD Xuvenil Feminino 1 (Elena Vázquez)
Orzán SD Xuvenil Feminino 5 (Elena Vázquez, Emma Gandoy, Ana Capelo, Uxía López e Laura Santos) - Atlético Arousana 1
Bergantiños CF 1 - Orzán SD Xuvenil Feminino 1 (Laura Santos)
Orzán SD Xuvenil Feminino 4 (Laura Santos, Ana Capelo e Elena Vázquez -2-) - CF Noia 0
Orzán SD Xuvenil Feminino 7 (Noe Gómez -2-, Sara Cercido, Maca González, Laura Santos -2- e Lucía Rodríguez) - SDCyR Narón Freixo 0
SD Tordoia 2 - Orzán SD Xuvenil Feminino 3 (Ana Capelo, Elena Vázquez e Uxía López)
Orzán SD Xuvenil Feminino 2 (Ana Capelo e Macarena González) - SD Antas 0
Tomiño FC Femenino 1 - Orzán SD Xuvenil Feminino 7 (Elena Vázquez, Daniela Agilda, Lucía Rivas -2-, Emma Gandoy e Macarena González -2-)
Orzán SD Xuvenil Feminino 3 (Noe Gómez, Laura Santos e Daniela Agilda) - Victoria CF B 0
Escuela FB Amistade 2 - Orzán SD Xuvenil Feminino 6 (Ivana Fernández, Noe Gómez, Laura Santos -3- e Paula Sánchez)
Orzán SD Xuvenil Feminino 1 (Sara Cercido) - CD Lugo 1