RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Zakaria Bakkali entra na preconvocatoria da Selección Belga Sub-21

Zakaria Bakkali, que onte tivo que retirarse do campo no Betis-Dépor tras sufrir unha dura entrada, foi preconvocado pola Selección Belga Sub-21 para disputar dous partidos oficiais no próximo parón ligueiro de seleccións nacionais.

O venres 6 de outubro, Bélxica recibe a Suecia, e o martes 10, o combinado belga visita a Chipre. Ambos os partidos son clasificatorios para o Campionato de Europa da categoría.

Nos próximos días, a Federación Belga de Fútbol fará pública a lista definitiva. En caso de ser citado, Bakkali incorporarase o martes 3 de outubro á concentración do equipo.