RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Emre Çolak e Kakuta incorporáronse esta mañá aos adestramentos co Dépor

Emre Çolak e Gaël Kakuta incorporáronse esta mañá aos adestramentos co Deportivo, despois do seu paso polas súas respectivas seleccións.

Ambos completaron con normalidade a primeira parte da sesión, e retiráronse antes que o resto dos seus compañeiros, os dous con longas viaxes de regreso á Coruña: Çolak xogou o pasado luns en Turquía e Kakuta o domingo en Kenia.

Co readaptador Fran Molano se adestraron á marxe Pedro Mosquera e Alejandro Arribas.

Esta mañá, cos fabrilistas Nacho Monsalve, Hugo Rama e Edu e o xuvenil Mujaid, un partido táctico no campo 2 foi a tarefa principal. Unha serie de partidos en espazo reducido, de alta intensidade; e un traballo específico de remates a porta para os dianteiros (Joselu, Andone, Marlos Moreno, Bruno Gama e Ola John) puxeron o punto e final ao adestramento sobre o céspede.

Mañá xoves, o equipo volverá adestrarse en Abegondo, a partir das 10:30.