RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Os titulares ante o AD Alcorcón realizaron só a primeira parte do adestramento desta mañá

O cadro do RC Deportivo, hoxe ademais co fabrilista Álex Cobo, regresou esta mañá aos adestramentos en Abegondo. Os futbolistas que foron titulares o pasado luns en ABANCA-RIAZOR ante a AD Alcorcón realizaron só a primeira parte do traballo sobre o céspede: quecemento e un exercicio de posesión.

A continuación, todos eles continuaron con tarefas de recuperación no vestiario: ximnasio, padiola de masaxe e paso pola zona de augas.

Pola súa banda, o resto de futbolistas tiveron ademais un exercicio de finalizacións e, para concluír, fútbol en espazo reducido, de alta intensidade.

Adestráronse á marxe do grupo Carlos Fernández, Krohn-Dehli e Vítor Silva, que saltou ao céspede co readaptador, Fran Molano.

Mañá xoves, o equipo continuará en Abegondo (11:00 horas) coa preparación do partido deste domingo 10 de marzo en ABANCA-RIAZOR (20:00 horas, LaLiga 1|2|3 TV) ante a UD Las Palmas.