RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

4, 5, 6, 7, 8, 21 e 22: as portas de #AbancaRiazor non operativas o vindeiro domingo

O Real Club Deportivo informa a todos os seus socios das portas que non estarán operativas no Estadio Abanca-Riazor para o partido do próximo domingo ás 20:45 fronte ao Sporting de Gijón. As portas 4, 5, 6, 7, 8, 21 e 22 non se abrirán ao público. O resto de accesos ao Estadio estarán abertos, como é habitual, desde unha hora antes do inicio do encontro, é dicir, desde as 19:45 horas.

O Real Club Deportivo quere solicitar aos seus socios: 

1. Que retiren as súas entradas canto antes, a poder ser durante a semana, o sábado ou o domingo pola mañá, para que a organización da recolocación sexa óptima e o máis ordenada e áxil posible. 

2. Que aqueles socios que non vaian acudir ao partido nin a utilizar o seu carné, comuníqueno ao Club para liberar a súa localidade e poder dispor dese asento para recolocar a outro socio. Os socios que cedan o seu asento deben remitir o seu DNI e Abono escaneados a atencion.deportivista@rcdeportivo.es. 

3. Que o día do partido, os abonados accedan canto antes ao estadio para evitar as colas e confusións de última hora por esta situación excepcional. 

4.553 socios do Real Club Deportivo, das bancadas de Pavillón e Marathón con localidades afectadas polas obras de remodelación da cuberta do Estadio Abanca-Riazor, xa teñen no seu poder a entrada de recolocación após pasarse onte e hoxe polos despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor.

O Real Club Deportivo lembra que o 100% dos socios do Club teñen garantida a súa entrada para o encontro e que os abonados de Tribuna e Preferencia non teñen que facer nada para poder entrar no Estadio máis que acudir co seu carné o domingo.

Os fondos de Marathón e Pavillón son os que presentarán incomodidades, a visibilidade desde algúns puntos pode verse afectada por elementos fixos da obra e por iso está a ser necesario recolocar a 8.564 socios, é dicir parte dos de Marathón (superior e inferior) e Pavillón (superior, inferior e curva de Pavillón). 

PROCEDEMENTO DE RECOLOCACIÓN 

Os socios de Marathón (superior e inferior) e de Pavillón (superior, inferior e curva de Pavillón) deben comprobar na seguinte listaxe se se atopan afectados as obras e por tanto deben solicitar unha entrada para recolocarse dentro do Estadio. Aqueles socios que non estean afectados a listaxe poderán acceder á súa localidade habitual sen ningún tipo de inconveniente.

Descargar e imprimir listaxe en PDF

No caso de estar na listaxe de afectados, o socio deberá dirixirse aos despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor desde o martes 4 ao domingo 9 de setembro para conseguir, co seu abono, unha entrada para o partido do domingo fronte ao Sporting e outra para o choque da sexta xornada fronte á Granada. O horario dos despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor é:  

Xoves e venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 h. 

Sábado 8 de 10:30 a 13:30 

Domingo 9 desde as 11:00 até as 20:00 horas.  

Non haberá entradas á venda nin por internet nin en despacho de billetes. Só poderán acceder ao Estadio socios con localidade afectada que retirasen a súa entrada. Para aqueles afeccionados que adoiten acudir en grupo aos partidos, un único socio poderá retirar todas as entradas que desexe en despacho de billetes presentando os carnés correspondentes dos seus acompañantes afectados.  

As altas de socios, única forma de poder acceder a este partido, seguirán tramitándose só en Correos no horario habitual da Oficina de Atención ao Deportivista de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 h. até o venres. Sábado e domingo non se realizarán altas de socios. 

O Real Club Deportivo quere reiterar a todos os afectados as súas desculpas anticipadas polas molestias causadas.