RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

A Audiencia Provincial dá a razón ao RCD e desestima a reclamación de Germán Rodríguez Conchado

  A Sección 4 da Audiencia Provincial da Coruña ditou unha sentenza o pasado 4 de decembro a cal foi notificada hoxe ao Real Club Deportivo da Coruña, SAD en virtude da cal se desestima a reclamación de honorarios de G

A referida sentenza confirma a sentenza de primeira instancia ditada no seu día polo Xulgado do Mercantil número 2 da Coruña correspondente ao incidente Concursal número 16/2013.

Germán Rodríguez Conchado reclamaba ao Club a cantidade de 616.792,02 euros en concepto de teóricos honorarios correspondentes a procedementos xudiciais e administrativos en que interveu e que se contiñan en sete facturas emitidas entre o 31 de xaneiro de 2013 e o 15 de xullo de 2013.
 
O reclamante non fixo referencia en momento algún á existencia dunha iguala mensual como retribución total polo arrendamento de servizos profesionais en réxime de non exclusividade e que German Rodríguez Conchado percibira ininterrompidamente do Club durante mais de 22 anos. Os honorarios que lle corresponden a German Rodríguez Conchado quedan limitados pois en virtude da sentenza a iguálaa mensual pactada e que viña percibindo, cuxo importe xa lle abonou no seu día o Club. 
 
A Audiencia Provincial aplica na súa sentenza a relevante xurisprudencia da Sala Primeira do Tribunal Supremo fixada na súa sentenza 399/2014, de 21 de xullo, de modo que cando os honorarios han de ser satisfeitos con cargo á masa, o posible pacto entre o cliente que se atopa en concurso de acredores e o seu letrado non vincula no concurso e non resulta oponible pois á administración concursal que representa os intereses do concurso e, por tanto, dos demais acredores concursais ao facerse cargo do control e pago dos créditos contra a masa, sempre baixo a tutela xudicial.
 
O Real Club Deportivo da Coruña, SAD non terá que facer fronte pois ao pago da referida contía reclamada de 616.792,02 euros e percibirá as costas xudiciais derivadas do incidente concursal que deu lugar á sentenza.