RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

A campaña<br>Por un Depor de todos

O anuncio promocional da Campaña para a ampliación de Capital social do Deportivo presentouse en sociedade. Un breve anuncio que se centra nos "milagres", os sentimentos e tamén na necesidade do apoio de toda a afección para continuar coa traxectoria da e


Ambientado nun bar "dos de toda a vida", sede de afeccionados branquiazuis, o protagonista pide ao "santo da Deportivo" axuda para gañar o título de Liga. E a súa petición é concedida. Tamén pide axuda, dous anos máis tarde, para lograr a Copa do Centenario. A pesar das dificultades, esta petición tamén é concedida. E por fin, tamén lle pide a Champions... pero agora "este milagre é tarefa de todos."


Nun mundo globalizado, con afeccionados deportivistas repartidos por todo o planeta, cun Deportivo que quere conquistar Europa, o Club busca consolidar a súa estrutura, garantir o seu futuro e continuar sendo o club de todos.

Na presentación do anuncio Augusto César Lendoiro destacou que "investimos moitísimo en ilusións, infraestruturas e no Grupodeportivo. Crecemos en moitos aspectos, pero temos que seguir crecendo co apoio de todos para que o Deportivo siga sendo de todos".
O presidente tamén subliñou que "o deportivismo é unha das ilusións de Galicia e creo que coa axuda de todos podemos ser campións de Europa, senón fose este ano, no futuro".
Concluíu afirmando que o Deportivo "é un punto de unión de todos os galegos" e destacou, como anécdota, que o actor protagonista do anuncio é arxentino, neto de galegos "como tantos de nós, con familia que tivo que emigrar".