RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

A cidade deportiva é unha das nosas grandes aspiracións

Don Augusto Calvo Rivas, vicepresidente do Real Club Deportivo da Coruña, é o presidente da Comisión de Relacións Públicas. No despacho da súa dirección do Banco Exterior de España da Coruña fomos recibidos os informadores deportivos, nunha animada rolda

O señor Calvo Rivas, que xa é un veterano na dirección de equipos de fútbol, foi colaborador deportivo de varios xornais madrileños, ademais de seguir sendo un escritor singular de calidade literaria, aínda que afeccionado, como el modestamente indica. Sabemos, emporiso, que moitos dos seus traballos, publicados na prensa da capital de España, fóronlle ben retribuidos...

O señor Calvo facilitounos o traballo ao proporcionar unha especie de guión con tres aspectos principais a desenvolver, a situación da Campaña de Socios, a Cidade Deportivo e outros aspectos de actualidade deportivista.

Quixo o señor Calvo Rivas agradecer a oportunidade de permitir ao club esta comunicación....

É nosa gran ilusión achegar aos nosos socios e á cidade da Coruña un recinto deportivo da categoría e capacidade apropiadas, ao alcance de todas as categorías sociais...