RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

A Coruña acolle o venres 3 o Dépor Innovation Center Start-UP Day

O Dépor Innovation Center (https://dic.rcdeportivo.es/), o laboratorio de innovación tecnolóxica en deporte do RC Deportivo lanzou, xunto a Abanca Innova, Galicia Sportech e FundingBox, a 1ª Edición do DIC Startup Challenge buscando ás emprendedoras e emprendedores coas ideas, proxectos, ferramentas e compañías máis innovadores e que teñan como principal misión transformar a industria do deporte cunha solución tecnolóxica única. Como obxectivo principal preténdese pór en valor ao tecido emprendedor e ofrecer un vehículo para impulsar e dar visibilidade aos proxectos máis innovadores, xunto aos que construír o futuro das organizacións deportivas desde a transformación dixital.

A xornada final do concurso, o Start-UP Day, terá lugar o vindeiro venres 3 de marzo no salón de actos do edificio de ABANCA Seguros na avenida da Mariña da Coruña e nela daranse cita desde as 10:00 h. os 10 proxectos seleccionados como finalistas de entre os máis de 40 presentados a esta primeira edición.

Cada proxecto disporá de 5 minutos para ser presentado ante o xurado formado por Carlos Cantó (Conselleiro RC Deportivo), , David Seoane (Head Of Communities en Fundingbox), Eduardo Aldao (Director de innovación ABANCA), Iván Clavel (Director-Xerente Fundación do Deporte Galego), Lalo García (Director de Galicia Sportech), Lucía Sánchez (Innovation Project Manager en Hijos de Rivera, SAU), Sofía Toro (Xerente de Cluster do Deporte Galego) e Sonia Zaragoza (Adxunta a Transferencia da UDC).

Os proxectos finalistas son: Proteckthor, Boldest, New Stream Ltd., Notarify, Sensiball VR, YBVR, Neurocess Limited, Mentiness, Dairus Inc. e Tabalu Cocina Deportiva SL.

A presentación do acto correrá a cargo de Daniel Cerqueiro, presidente de Startup Galicia.

A xornada final será de portas abertas para todas as persoas que desexen asistir, até completar aforo. Pode reservarse praza previamente en protocolo@rcdeportivo.es indicando nome e apelidos da persoa ou persoas asistentes e un correo electrónico de contacto para confirmar a dispoñibilidade de aforo.