RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

A DeporEscuela abre as súas portas para nenos e nenas de 5 a 12 anos

O próximo mes de novembro e ata xuño terá lugar na cidade deportiva de Abegondo, O Mundo do Fútbol, a Depor Escola, a escola de fútbol do Real Club Deportivo da Coruña que ten como obxectivos iniciar aos nenos/as de 5 a 12 anos na práctica do fútbol, mel

A Depor Escola estará baixo as ordes dos técnicos do Deportivo e terá lugar nos campos de herba natural e sintética de Abegondo. As sesións terán o seu parte de quecemento, de traballo técnico específico e perfeccionamento e partido -competindo de forma sa e formativa-.

Ao longo do curso desenvolveranse ligas internas entre os distintos alumnos, por idades e ao final do trimestre recibirán un boletín no que se recollerán en observacións formuladas polos técnicos e ao finalizar terán un diploma.

Todos os alumnos terán seguro de accidentes deportivos e o número máximo será de 20 por profesor. Haberá traballo específico de porteiros e competicións internas e os alumnos poderán asistir gratis a algúns dos partidos de Riazor.

Os abonados, accionistas e fillos de abonados terán descontos nos prezos do curso.
Para máis información de prezos e forma de inscrición, chamar ao 981259500 ou na sede do Club da Praza de Pontevedra.