O Deportivo impúxose con autoridade ao Slaven Belupo no partido de volta da terceira rolda da Copa Intertoto. Rubén, Víctor e Tristán anotaron os goles do partido e certificaron o pase á semifinal, na que os de Caparrós enfrontaranse ao Newcastle.
O Deportivo goleou ao frouxo conxunto croata na súa visita a Koprivnica grazas ao acerto de Rubén Castro, que xa marcara na ida, Víctor, de penalti, e Diego Tristán, que debutou esta tempada. Os de Caparrós atopáronse moi cómodos ante un rival netamente inferior, que apenas inquietou a meta de Molina, aínda que advertiu do seu perigo ao oito minutos cun contraataque que desperezó á zaga do equipo coruñés.
Slaven Belupo: Pelin; Bosnjak, Crnac, Kurilic, Gal; Kovac (Le; m.46), Musa (Somoci; m.65), Viskovic, Dunkovic; Saranovic (Vrucina; m.72) e Karabogdan. Deportivo da Coruña: Molina; Héctor, Andrade, Romeu, Capdevila; Víctor (Acuña; m.65), Sergio, Scaloni (De Guzmán; m.72), Munitis; Valerón (Tristán; m.59) e Rubén. Goles: 0-1: m.17, Rubén. 0-2: m.47, Víctor, de penalti. 0-3: m.79, Tristán.