RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

A Deportivo tumba ao Alcorcón e consolida o seu liderado

var ivPlayer1945916 = new IVPlayer("350", "197",false, "http://www.canaldeportivo.tv/", "/i/player/1342b.gif",IVPlayer.TYPE_JWPLAYER4, "/i/player/skin-depor.swf"); ivPlayer1945916.playVideo('player1945916', 'LFP_11-12_j27_deportivo2-1alcorcon_4

Oltra decidiu deixar fóra da convocatoria aos dous internacionais do Dépor: Gardado, que xogou completo o amigable de México en Miami; e Lassad, que disputou 59 minutos do Tunes - Perú. Ambos viron e animaron aos seus compañeiros desde a bancada.

A recuperación de Colotto da súa sobrecarga nos isquiotibiais e a decisión do Comité de Competición de deixar sen efecto a vermella de Ze Castro en Sabadell fixo que no once inicial só houbese un cambio: Salomao entrou en banda esquerda por Gardado.

Enfrentre, un Alcorcón que se presentou en Riazor con toda a súa artillaría, a un paso das posicións de play off e quizais no seu mellor momento da tempada, con oito partidos consecutivos sen perder.

O primeiro tempo comezou igualado, cun Alcorcón valente e presionando a saída do balón do Deportivo. No entanto, puido adiantar ao equipo branquiazul Juan Domínguez nunha gran xogada por banda esquerda, pero o seu disparo estrélase no corpo de Manu Herrera.

O que ten o equipo de Oltra é calidade. Na recta final do primeiro tempo, Morel combina con Salomao, que deixa cara atrás a Valerón, quen libre de marca e desde fóra da área pequena bate a Manu Herrera cun tiro raso e axustado ao pau. Pouco despois, segunda poutada branquiazul, esta vez por banda esquerda, e con Bruno Gama e Riki como protagonistas. O portugués bate a Manu por baixo: 2-0 no marcador e a bancada gozando de xeito abondo.

O segundo tempo foi de control total do Deportivo, que tivo as mellores oportunidades para ampliar o marcador. Sólamente o tanto de Oriol Rise, no único erro da zaga branquiazul, sementou algo de inquietude na bancada. No entanto, Aranzubia non pasou abafos nos últimos minutos e o tres puntos quedaron en Riazor.

Deportivo: Aranzubia; Laure, Colotto, Zé Castro, Morel; Alex Bergantiños, Juan Domínguez; Bruno Gama (Saúl, m. 80), Valerón (Borja, m. 85), Salomao; e Riki (Xisco, m. 71).

Alcorcón: Manu Herrera; Expósito, Babin, Agus, Angel; Moura, Rubén Sanz (Abraham, m. 81); Fernando Salgues (Carlos Martínez, m. 74), Borja (Oriol Rise, m. 61), Montañés; e Quini.

Goles: 1-0, m. 38: Valerón; 2-0, m. 42: Bruno Gama; 2-1, m. 83: Oriol Rise.

Árbitro: Bikandi Garrido, do colexio vasco. Non sacou cartóns.