O seguinte desprazamento do Deportivo será á capital de España, onde se enfrontará ao Atlético de Madrid. Os branquivermellos parecen ver a luz despois dun inicio nefasto de competición. Agora parecen máis centrados e coas ideas máis claras, tanto por par
O Atlético de Madrid ten xogadores moi importantes dentro do fútbol español, non en balde antes de comezar a competición contaba entre os favoritos para os primeiros postos. Despois, o transcurso dos partidos colocárono nun lugar do que necesita saír pronto.
Os máis destacados elementos do club colchoneiro son os seus defensas Chamot e Gamarra, os centrocampistas Valerón e Solari e, sobre todo, o dianteiro holandés procedente do fútbol inglés, Jimmy Hasselbaink. Aínda non puido contar con Kiko, que segue o seu proceso de recuperación.
A pesar de todo, ao Atlético cústalle mover a pelota polo que se presenta unha boa oportunidade de puntuar para o Deportivo.