RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

A Escola de Adestradores do RC Deportivo abre unha convocatoria extraordinaria de acceso ao curso de Técnico Deportivo en Fútbol

A Escola de Adestradores do RC Deportivo (Dépor Coaching Academy), como centro de formación autorizado pola Consellería de Cultura, Educación e Formación Profesional Orde 20 de xullo de 2005 (DOG 2/08/2005), abre unha convocatoria de extraordinaria de acceso ao curso de Técnico Deportivo en Fútbol (nivel 1).

A data límite de inscrición é o 9 de setembro e as probas físicas de acceso serán o 16 de setembro ás 10:00 na Cidade Deportiva de Abegondo.

Ademais, até o 30 de setembro está aberto o prazo para o curso de Técnico Deportivo (nivel 2) e Técnico Deportivo Superior (nivel 3).

A Escola de Adestradores do RC Deportivo, baseada no Método Dépor, ofrece unha serie de importantes vantaxes:

-Os títulos son oficiais e ademais homologados pola RFEF con validez tanto nacional como internacional.

-As prácticas están garantidas no RC Deportivo.

-Acceso a bolsa de traballo no club.

-Horario compatible con estudos ou traballo: de 19:30 a 23:10 o luns e mércores; e o sábado de 9:00 a 14:00 (só primeiro trimestre)

-Masterclasses con profesionais do Dépor: Massimo Adalberto Benassi, Fernando Soriano, Kevin Cabado...

-Carné de abonado gratis para asistir aos partidos en ABANCA-RIAZOR.

Están previstos ademais estes descontos:

- 5% ao alumnado que valida o bloque común.

- 10% abonados e/ou accionistas do Real Club Deportivo.

- 15% adestradores/xogadores de clubs con convenio co RC Deportivo.

- 30% titulados ou estudantes da Universidade da Coruña (UDC)

Inscríbete xa ou pide información enviando un email a dcs@rcdeportivo.es ou ben chamando ao 689 618 558.

Máis información en http://escolaadestradoresrcd.es.