RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

A Fabril gana en Bouzas e asegura o play off

O Fabril superou ao Rápido de Bouzas (0-2) e, a falta de 2 xornadas para o final de liga no grupo 1º da Segunda División B, asegurou matematicamente a súa presenza nos play off finais. O filial deportivista suma agora 65 puntos por 57 puntos do Rápido, quinto empatado a puntos co sexto, o Navalcarnero.

Os pupilos de Gustavo Munúa poden ser campións, posto que o Rayo Majadahonda, líder, suma 1 punto máis que os fabrilistas.

O Fabril recibe este domingo 6 de maio (12:00 horas) na Cidade Deportiva ao Cerceda e pecha a temporada en Toledo, ante dous equipos situados na zona baixa. O Rayo Majadahonda mídese no seu campo ao San Sebastián de los Reyes e visita A Malata de Ferrol no último choque ligueiro.

O partido no campo Baltasar Pujales decidírono os goles de Uxío e Luís Fernández, ambos na primeira metade. A partir de aí, fútbol control dun Fabril sólido en todas as súas liñas, aínda que o conxunto vigués apertou até o asubío final con moito balón colgado á área.

Ante as baixas por sanción e lesión, o técnico fabrilista aliñou a 2 xuvenís no once incial: Mujaid e Valín. A canteira de Abegondo pide paso.

Fabril: Francis, Mujaid, One, Raúl, Diego Caballo, Edu Expósito, Valín, Gaizka, Uxío, Romay e Luís Fernández. Tamén xogaron: Borja Galán, Jardel e Romay.

Os resultados até a data do Fabril son os seguintes:

Fuenlabrada 1 - Fabril 2 (Uxío e Óscar)
Fabril 0 - San Sebastián de los Reyes 1
Racing de Ferrol 1 - Fabril 1 (Romay)
Fabril 3 (Borja Galán, Uxío e Óscar) - Real Madrid Castilla 0
Rayo Majadahonda 0 - Fabril 1 (Andújar en propia meta)
Fabril 3 (Diego Caballo, Uxío e Romay) - Coruxo 1
Ponferradina 0 - Fabril 1 (Edu Expósito)
Fabril 1 (Borja Galán) - Valladolid B 0
Fabril 3 (Lucas, Óscar e Queijeiro) - Talavera 0
Navalcarnero 1 - Fabril 2 (Ismael e Jardel)
Fabril 0 - Guijuelo 0
Pontevedra 2 - Fabril 2 (Jardel e Óscar)
Fabril 0 - Gimnástica Segoviana 0
Unión Adarve 3 - Fabril 0
Fabril 3 (Uxío e Ismael -2-) - Atlético de Madrid B 0
Celta B 0 - Fabril 0
Fabril 0 - Rápido de Bouzas 0
Cerceda 2 - Fabril 3 (Ismael Díaz -2- e Óscar)
Fabril 2 (Ismael Díaz e Óscar) - Toledo 0
Fabril 1 (Uxío) - Fuenlabrada 2
San Sebastián de los Reyes 0 - Fabril 0
Fabril 1 (Romay) - Racing de Ferrol 1
Real Madrid Castilla 2 - Fabril 0
Fabril 1 (Edu Expósito) - Rayo Majadahonda 0
Coruxo 1 - Fabril 0
Fabril 2 (Diego Cabalo e Luis Fernández) - Ponferradina 0
Valladolid B 2 - Fabril 1 (Luis Fernández)
Talavera 2 - Fabril 0
Fabril 1 (Borja Galán) - Navalcarnero 0
Guijuelo 0 - Fabril 1 (Edu Expósito)
Fabril 1 (Romay) - Pontevedra 0
Gimnástica Segoviana 1 - Fabril 0
Fabril 2 (Uxío e Edu Expósito) - Unión Adarve 1
Atlético de Madrid B 1 - Fabril 4 (Romay, Uxío -2- e Luís Fernández)
Fabril 1 (Luís Fernández) - Celta B 3
Rápido de Bouzas 0 - Fabril 2 (Uxío e Luís Fernández)