O Infantil (na foto da noticia no primeiro encontro) gañou o seu tres partidos (ante o Maccabi Petah Tikva, RFS Academy e Cardiff & Vale SFA) deste venres 14 de novembro correspondentes á Primera Fase da Portimao International Cup.
Mañá agardan aos branquiazuis o Burton Albion, Shamrock Rovers FC e K Beerschot VAI.
Por este motivo, o partido entre o Infantil e o RC Celta, previsto para este sábado no Dépor Training Center, quedou aprazado ao 4 de decembro.
En canto ao fin de semana, o Fabril visita á UD Sámano este sábado 15 a partir das 17:00.
O conxunto cántabro acaba de enfrontarse ao Dépor na Copa del Rey nun partido disputado en Castro Urdiales e que acabou con vitoria deportivista por 1-4.
O equipo de Manuel Pablo, após o empate ante o Bergantiños CF da pasada fin de semana no campo Arsenio Iglesias, chega en 3ª posición con 20 puntos, a 2 puntos do liderado.
Os cántabros, un modesto equipo recentemente ascendido, transitan pola zona baixa aínda que venceron nos seus dous últimos partidos ante a súa afección.
Tamén o sábado 15 o Xuvenil A recibe ao Pontevedra CF ás 16:00 no campo Arsenio Iglesias. Os branquiazuis son terceiros mientra que os granates pechan a táboa.
Esa mesma xornada xogan en casa o Cadete (ás 12:00 ante o Coruxo FC no Dépor Training Center), o San Tirso SD Infantil (ás 16:00 no Monte ante o AJ Lérez), o Fabril FC Alevín (ás 11:30 na Torre ante o Olímpico CF) e o Fabril FC Benxamín (ás 11:30 na Torre ante o Oza Juvenil SD).
O domingo 16 xóganse 2 partidos, ambos lonxe do Dépor Training Center. O Xuvenil B de Liga Nacional visita ao Atlético Arteixo (12:00 en Ponte dos Brozos) e o San Tirso SD Cadete ao Arosa SC (12:15 no campo Manuel Jiménez Abalo).
Finalmente dous partidos este xoves 13 de novembro no Dépor Training Center abriron o calendario de partidos.
O Alevín A e o Benxamín A venceron ao San Tirso SD na 8ª xornada da Primera Futgal A Coruña.
Os dous conxuntos branquiazuis lideran os seus grupos a falta de disputarse o resto de partidos da xornada.
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Segunda Federación
11ª xornada: UD SÁMANO - FABRIL, o sábado 15 de novembro ás 17:00 no campo de Vallegón
Clasificación: 1. Oviedo Vetusta, 22 puntos; 2. Gimnástica Segoviana CF, 21 puntos; 3. Fabril, 20 puntos; 4. Bergantiños CF, 19 puntos... 14. UD Sámano, 9 puntos...
Categoría xuvenil
9ª xornada: XUVENIL A - PONTEVEDRA CF, o sábado 15 de novembro ás 16:00 no campo Arsenio Iglesias
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 20 puntos; 2. Sporting de Gijón, 18 puntos; 3. Xuvenil A, 17 puntos; 4. Real Oviedo, 13 puntos... 16. Pontevedra CF, 5 puntos
11ª xornada: ATLÉTICO ARTEIXO - XUVENIL B, o domingo 16 de novembro ás 12:00 en Ponte dos Brozos (Arteixo)
Clasificación da Liga Nacional: 1. RC Celta B, 30 puntos; 2. Xuvenil B, 28 puntos; 3. CD Choco, 21 puntos... 12. Atlético Arteixo, 9 puntos...
Categoría cadete
9ª xornada: CADETE - CORUXO FC, o sábado 15 de novembro ás 12:00 no Dépor Training Center (campo de herba artificial)
9ª xornada: AROSA SC - SAN TIRSO SD CADETE, o domingo 16 de novembro ás 12:15 no campo Manuel Jiménez Abalo
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete, 24 puntos; 2. RC Celta, 22 puntos; 3. Arosa SC, 16 puntos; 4. San Tirso SD Cadete, Ural Español CF, Victoria CF e CD Lugo, 13 puntos; 8. Pabellón Ourense CF, 12 puntos... 13. Coruxo FC, 6 puntos...
Categoría infantil
9ª xornada: INFANTIL - RC CELTA, aprazado
9ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL - AJ LÉREZ, o sábado 15 de novembro ás 16:00 no Monte
Clasificación da División de Honra: 1. Infantil, 24 puntos; 2. RC Celta e ED Val Miñor Nigrán, 21 puntos; 4. AJ Lérez, 16 puntos; 5. San Tirso SD Infantil, 15 puntos; 6. CD Lugo, 14 puntos...
Portimao International Cup 2025 en Portimao (Portugal)
Primera Fase
Venres 14 de novembro
INFANTIL 3 (David Gómez -2- e Álvaro Gómez) - MACCABI PETAH TIKVA 0
INFANTIL 2 (Julen Díaz e Santiago Durán) - RFS ACADEMY 0
INFANTIL 1 (Hugo Macedo) - CARDIFF & VALE SFA 0
Sábado 15 de novembro
12:55: INFANTIL - BURTON ALBION, no campo Mexilhoeira Grande
14:05: INFANTIL - SHAMROCK ROVERS FC, no campo Mexilhoeira Grande
17:00: INFANTIL - K BEERSCHOT VA, no campo Mexilhoeira Grande
O primeiro clasificado e os 2 mellores segundos dos 6 grupos pasan a Fase Elite. Os demais pelexarán segundo clasificación polo resto de posicións
Categoría alevín
8ª xornada (xoves 13): ALEVÍN A 8 (Adrián Míguez -3-, Alberto Novo -2-, Diego Castelo, Adrián Prieto e Mateo Cardelle) - SAN TIRSO SD 0
8ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN - OLÍMPICO CF, o sábado 15 de novembro ás 11:30 na Torre (campo 2.1)
Clasificación da Primera Futgal A Coruña: 1. Alevín A (un partido máis), 21 puntos; 2. Fabril FC Alevín, 18 puntos; 3. Ural Español CF, Atlético Coruña Montañeros CF e CD Calasanz, 16 puntos... 10. Olímpico CF, 9 puntos...
Categoría benxamín
8ª xornada (xoves 13): BENXAMÍN A 12 (Pablo Campanero -3-, Fabio Álvarez -3-, Mateo Ramos -2-, Hugo Cancela, Xosé Varela, Ian Lata e Tomás Sánchez) - SAN TIRSO SD 0
8ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN - OZA JUVENIL SD, o sábado 15 de novembro ás 11:30 na Torre (campo 1.2)
Clasificación da Primera Futgal A Coruña: 1. Benxamín A (un partido máis), 24 puntos; 2. CD Calasanz, 19 puntos; 3. Ural Español CF, 16 puntos; 4. Fabril FC Benxamín e Atlético Coruña Montañeros CF, 15 puntos; 6. ED Luis Calvo Sanz, Sada CF e Santa Cruz CF, 13 puntos... 12. Oza Juvenil SD, 6 puntos...
