RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Un gol do Athletic B no minuto 82 dobregou ao Dépor ABANCA B

O Dépor ABANCA B perdeu por 1-2 este mediodía no campo Arsenio Iglesias co Athletic B en partido da 10ª xornada no grupo 1º de Segunda Federación.

Con este resultado, As Nosas quedan con 13 puntos na 8ª posición.

Foron titulares Michi Apóstol e Redru, dúas futbolistas con minutos o pasado venres no partido do primeiro equipo en ABANCA-RIAZOR ante o Levante UD.

Adiantouse o Athletic B aos 29 minutos grazas a un gol de Hormaechea.

Con todo reaccionaron pronto As Nosas, que lograron igualar o marcador por mediación de Lucía Mariño aos 32 minutos.

Con 1-1 chegouse ao descanso.

Na segunda metade, e após o carrusel de cambios no Dépor ABANCA, Lekue puxo en vantaxe ao filial branquivermello no minuto 82, tanto que sería definitivo no partido.

Deportivo ABANCA B: Antía Veiga, Barreda, Michi Apóstol, Carmen Carballada (Noe Mayo, min. 78), Sara Cercido, Lucía Rivas (Marta Rico, min. 62), Lucía Mariño, Redru (Jenny Corros,  min. 62), Valbuena, Laura Ruiz (Sonsoles, min. 72) e Yanis.

O vindeiro domingo 23 de novembro toca de novo partido en casa, ás 17:00 no campo de herba sintética do Dépor Training Center ante o Olímpico de León.

Os resultados até a data do Dépor ABANCA B son os seguintes:

Deportivo ABANCA B 2 (Sara Cercido -2-) - Madrid CFF B 1
Bizkerre Club 0 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 4 (Carmen, Laura Otero, Michi Apóstol e Laura Ruiz) - Atlético de Madrid C 1
Real Avilés Industrial 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Michi Apóstol)
Deportivo ABANCA B 1 (Redru) - Real Sociedad B 2
RC Celta 1 - Deportivo ABANCA B 0
Real Racing Club 1 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 0 - SD Eibar B 4
Sporting de Gijón 0 - Deportivo ABANCA B 2 (Laura Ruiz -2-)
Deportivo ABANCA B 1 (Laura Ruiz) - Athletic Club B 2