RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

A Fundación San Rafael continúa coidando aos futbolistas do Dépor Genuine

O secretario da Fundación San Rafael, Javier Peña, a súa directora, Dolores Estrada e o Dr. Manuel Viso recibiron esta mañá no Hospital San Rafael das Xubias aos futbolistas do Dépor de LaLiga Genuine 2022-2023 para facerlles entrega dos certificados médicos que os habilitan para adestrar e xogar ao longo desta temporada.

Xunto aos anfitrións do Hospital e da Fundación San Rafael, que lles dirixiron unhas cariñosas palabras de benvida, estiveron presentes o presidente da Fundación RC Deportivo, Antonio Couceiro, a responsable da institución, Gelines Romero e os adestradores do equipo Lucia Otero e Breogán Baptista.

Após as palabras dos representantes de ambas as Fundacións, a entrega dos recoñecementos e a foto de familia, todos os presentes brindaron por unha gran temporada 2022/2023 para o Dépor Genuine co respaldo médico da Fundación San Rafael.