RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

A gardameta Curbelo estréase na convocatoria do Dépor ABANCA na Copa Galicia

Aínda que hai parón ligueiro no grupo 1º da Segunda División Nacional, o Deportivo ABANCA finaliza mañá domingo 18 de novembro no campo das Relfas de Vigo (12:30 horas) ante o Sárdoma CF, con motivo da primeira xornada da Copa Galicia, unha intensa semana que arrincou o pasado mércores 14 de novembro coa súa participación na VI edición do Trofeo Teresa Herrera Feminino en ABANCA-RIAZOR ante o Athletic Club.

Patricia Curbelo, nova gardameta incorporada ao equipo branquiazul o pasado martes, é a novidade na lista de convocadas para este encontro de Copa, unha competición na que o Deportivo ABANCA defende o título logrado a pasada temporada, na 1ª edición.

Completan a lista para o choque de mañá ante o Sárdoma CF estas 17 futbolistas: Miralles, Cris, Iris, Nuria, Gaby, Lía, Peke, Teresa, Erika, Alba Merino, Kika, Michelle Romero, Laura, Silvia Mérida, Raquel, Patri Díaz e Miriam.

En liga, despois de 9 partidos, Deportivo ABANCA e Oviedo Moderno CF marchan na cabeza con 25 puntos, aínda que a diferenza de goles a favor e en contra é superior claramente ás deportivistas: +48 por +30 das ovetenses.