RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

A Magdalena de Vilalba, segunda parada da Dépor Xira Integralmotion 2022 mañá sábado

A Dépor Xira Integralmotion 2022 ten mañá sábado 30 de xullo a súa segunda parada despois do inicio de hai 7 días en Arteixo. Será a partir das 18:30 horas no campo municipal da Magdalena en Vilalba.

O Racing Villalbés, que a temporada pasada transitou pola zona alta de Tercera RFEF e que este ano quere seguir aspirando aos postos altos da categoría, recibirá ao Dépor no partido máis tradicional de cada pretemporada e coa retransmisión en directo por parte da canle oficial de Youtube do Club grazas ao patrocinio de Integralmotion.es.

As entradas custan 10 euros e poderanse adquirir nos despachos de billetes do Estadio da Magdalena desde unha hora antes do partido.

Con Borja Granero, Héctor, Trilli, Roberto Olabe e Isi Gómez, este a consecuencia dunha molestia nun cuádriceps, con traballo personalizado, Borja Jiménez tirou de #ANOSACANTEIRA.

Así, ademais de Yeremay, Dani Barcia e Mella, xa en dinámica do primeiro equipo nesta pretemporada, o técnico branquiazul leva a Vilalba a Jairo, Martín Ochoa, Brais Val, Ángel Puerto e Marcel Céspedes, que xa xogaron en Arteixo no primeiro amigable; e Tim Caroutas, última incorporación chegada ao Fabril procedente da UE Cornellá.

Esta tarde, na única sesión do día, Borja Jiménez, após un quecemento con rondos de presión, dispuxo un partido e un ensaio de accións a balón parado.

Tralo amigable na Magdalena, o Dépor descansa o domingo 31 de xullo e regresa aos adestramentos o luns 1 de agosto ás 10:30 en Abegondo.