RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

A quinta edición do DéporCampus Cabreiroá de Zas comezará o vindeiro luns

O Concello de Zas acolleu o pasado martes 5 de xullo a presentación do DéporCampus Cabreiroá 2022 que se realizará na localidade por quinto ano consecutivo.

Unha das sedes de maior éxito repetirá experiencia este ano a próxima semana, entre o 18 e o 22 de xullo.

Á presentación acudiron Manuel Muíño Espasandín, alcalde de Zas; Óscar Lema Romero, concelleiro de cultura de Zas, e Pablo Barros, director das actividades formativas da Fundación RC Deportivo.

A actividade está destinada a nenos e nenas desde os 6 aos 14 anos e terá un horario de 10:00 a 14:00 horas.

Os interesados poden consultar toda a información da sede de Zas e realizar o proceso de inscrición até as 12:00 do xoves día 14 de xullo nesta ligazón.

Para calquera dúbida ou consulta coa súa inscrición, os interesados poden contactar directamente coa organización na dirección de correo electrónico deporcampus@rcdeportivo.es.