RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

A Real traballou hoxe por liñas nunha suave sesión preparatoria

Tal e como informa a Real Sociedade na súa web oficial, o equipo de Amorrortu realizou tamén hoxe unha suave sesió preparatoria. A mañá foi tranquila en Zubieta. Despois da sesión de vídeo, os xogadores saltaron ao terreo de xogo para realizar uns lixe

Por unha banda, Amorrortu traballou nunha metade do céspede cos centrocampistas e dianteiros, entre os que se atopaba Nihat. O exercicio consistiu basicamente en centros e remates a portaría. O segundo adestrador Loren, pola súa banda, centrouse nos defensas, cos que ensaiou o un contra un e a basculación. Con estes traballou Oskitz. Os lesionados Jauregi, Prieto, Aitor e Brechet continuaron coa súa recuperación.